Recorre o Camiño dos Faros para enfrontarte ao temido Monstruo do Río Anllóns, saído das lendas recollidas por Eduardo Pondal. Non estarás só nesta aventura!
Contaredes coa axuda das criaturas máis lendarias da nosa mitoloxía: a Coca, o Nubeiro, Deba, as Meigas e os Mouros acompañarvos para facilitarvos o camiño… sempre que superedes retos matemáticos e de lóxica en equipo.
Iso si, non podedes confiar en todos: os Trasnos e os Tardos farán todo o posible para complicarvos a partida.
O mellor? Os retos adáptanse ao nivel que escolla cada xogador, para que toda a familia ou o grupo poida xogar xunta, superando desafíos de:
-
Cálculo mental a contrarreloxo
-
Resolución de ecuacións
-
Memoria e atención
-
Visión espacial
-
E outras probas de lóxica e cálculo
Un xogo artesanal, feito en Galicia, pensado para aprender, rir e descubrir a nosa cultura mentres xogades en equipo.
Fabricado en poliéster lavable e resistente, perfecto para xogar onde queiras.
– Xogo colaborativo para 1 a 4 xogadores (ou máis, engadindo calquera ficha)
– A partir de 6 anos
– Retos adaptados ao nivel de cada xogador
– Mellora cálculo, lóxica, memoria e visión espacial





